Rosa Díez

Son galega. Nacín en Galicia, meus pais son galegos, meus avós tamén, e todo aquelo que coñecín de nena era galego. Para min Galicia é ese lugar que cheira a mar, onde a xente canturrea, onde cando chove, chove de verdade, onde o mar che deixa o rastro da salitre na pel, onde o son das gaitas é unha das melodías máis fermosas que un poida escoitar. Son galega, recoñezo que hai cousas na Galiza que non son perfectas, como a precariedade laboral, a falta de industria, o feito de que tódo-los mozos teñamos que emigrar, o noso aillamento con respecto do resto de España, que non por non desexado, non deixa de ser penoso… A falta de AVE, as pésimas estradas, o pésimo transporte público… Os nosos problemas coa lingua, o noso pouco agarimo a ela, e o noso demasiado agarimo a ela.

Rosa Díez ofendeume seriamente fai uns días, como a min ofendeu a moitos galegos, vista a repercusión das súas palabras nos distintos medios da comunidade. E non contenta con iso continuou facendo declaracións estúpidas que non reflexaban senon a sua pouca intelixencia. Para a aqueles que descoñezan aquelo do que estou a falar:

minuto 5:

definición de Zapatero: “podría ser gallego, en el sentido más peyorativo de la palabra”

y Rajoy… “es gallego”…

Tras estas declaracións evidentemente levantouse unha polvareda en Galicia, con dimisións en UPyD e múltiples grupos pidindo unha desculpa por parte da devantida señorita. Esta desculpa nunca se produciu, senon que máis insultos foron inferidos por ela:

Rosa Díez: ´Los gallegos tienen la capacidad para no definirse. Eso no es negativo´

o seguinte que dixo foi: «Ofenderse por esto es una muestra de intolerancia, complejo de inferioridad o perturbación nacionalista»

é dicir seguiu insultando a 3 millóns dos seus posibles votantes….

No seu profundo coñecemento do idioma castelán, o que pretende defender, semella descoñece o significado da palabra “peyorativo”, non hai nada positivo nesa palabra, senon que todo o que a ela se asocia é negativo.

Dado que Rosa Díez considerou que non era necesario desculparse, os grupos politicos galegos, por primeira vez dende que me lembro, puxéronse de acordo en tratar de condenar as súas declaracións, soltou a seguinte perlita:

Rosa Díez llama «censores aficionados» a quienes criticaron sus declaraciones

Suponse que Rosa Díez pretendía dicir que Zapatero non se define, como parece ser que facemo-los galegos. Pero o peor que das súas declaracións non foi eso, senon unir o termo galego co termo peyorativo, ou pretender usa-la palabra galego coma un insulto. Os galegos sempre temos sido un pobo sumerxido e loitador, que a forza de traballo e perseverancia conseguimo-los nosos obxectivos. Hai galegos que se definen, e hai galegos que non, tal cual como non tódo-los cataláns son uns tacaños ou os andaluces un vagos, ou os madrileños uns chulos. Esta clase de definicións poden ser empregadas na vida cotiá dunha persoa normal coma min, que non teño ningunha trascendecia, que non salgo na televisión e non pretendo gañar ningunhas eleccións, pero hai que ter moitísimo coidado con aquelo que se di na presencia de público, ou diante das cámaras.

Non vivo en Galicia, e descoñezo como se está a vivir esto aló, pero percibo claramente o malestar. Galicia é un pobo olvidado, sempre o fomos, nunca prioritario para o goberno central, sempre aquel sitio onde chegaban as cousas unha vez levaban anos no restro de España. Si Teruel non existe, Galicia sempre estivo pretiño. Sen embargo eu síntonos coma un pobo orgulloso, non quero xeneralizar, para non pecar do mesmo que a Sra Díez, máis vexo moi difícil que UPyD se poida recuperar de estas declaracións da sua lider, porque ademáis do insulto recalcitrante cara o pobo galego, dan unha idea moi clara da sua nula intelixencia.

Para finalizar este post, unhas palabras de Julia Otero, que definen de feito o meu sentir acerca deste tema:

Julia Otero e outro archivo de Julia Otero contra Arcadi Espada… que viva Julia Otero!! Julia Otero

e o non menos grande Andreu Buenafuente:

2 thoughts on “Rosa Díez

  1. ¡Hola! He llegado hasta tu blog buscando cosas sobre Noruega. Necesito información porque tengo que decidirme sobre si ir de Erasmus a Oslo o qué hacer… Si fueses tan amable de ayudarme, me harías un favor. En caso de que sí, imagino que te saldrá mi dirección de correo electrónico.🙂

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s