Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao foi, é e será un dos persoeiros máis importantes na vida galega. Xunto con Rosalía de Castro poucos nomes son máis conhecidos dentro dos ilustres do noso pobo.

Castelao foi médico de educación, por impositión familiar, máis pronto acordou o seu esprito nacionalista e artístico. El mesmo dixo: Fíxenme médico por amor ó meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade. Castelao foi político, debuxante, escritor, pintor e ante todo amante da vida e da cultura galegas. Por mor da dictadura franquista tivo que emigrar á Arxentina, pero nunca esquenceu a súa orixe, e o seu agarimo pola Galiza. Anos despois do fin da dictadura en Espanha, os seus restos mortais foron trasladados a Santiago de Compostela, ó Panteón dos Galegos Ilustres, onde descansa preto do Museo do Pobo Galego, da Igrexa de Santo Domingo Bonaval e da Catedral de Santiago.

Dentro da súa obra, destacan “Cousas”, un fermoso pequeno libro de caricaturas con retazos típicos da vida galega, “Os dous de sempre”, unha novela que non é senón un alegato á amizade, “Sempre en Galiza”, ensaios escritos dende o exilio e a obra de teatro: “Os vellos non deben de namorarse”.

Algúns dos retazos que atopei de Castelao por internet:

– Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.
– Si, pero tiene un acento tan gallego!…

Castelao

-Os homes non queren ser burros.
-Queren ser leóns, tigres, panteras, elefantes…

(Castelao; Album Cousas da vida)


e unha fermosa colección no seguinte link: http://castelao.tripod.com/files/cousas.htm

e unha historia de Castelao para rematar:

Unha rúa nun porto lonxano


UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Xentes de todas as castes do mundo, cantigas a gorxa rachada, música de pianolas chocas, moito fedor a sebo…

…Un mariñeiro que fala francés tropeza cun mariñeiro que fala inglés. Os dous fanse promesas de gran amistade, cada un no seu falar. E sen entenderse camiñan xuntos, collidos do brazo, servíndose mutuamente de puntales.

…O mariñeiro que fala francés e mais o mariñeiro que fala inglés entran nunha taberna servida por un home gordo. Queren perder o sentido xuntos para seren máis amigos. ¡Quen sabe se despois de ben borrachos poderán entenderse!

…E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo, comenza a cantar:

……………….Lanchiña que vas en vela,
……………….levas panos e refaixos
……………….para a miña Manoela.

…O mariñeiro que fala francés arregala os ollos, abrázase ao compañeiro, e comenza tamén a cantar:

……………….Lanchiña que vas en vela,
……………….levas panos e refaixos
……………….para a miña Manoela.

…i¡A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos.
…O taberneiro, gordo coma un flamengo de caste, veu saír aos dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana vermella escorregaron as bágoas. E dispois dixo para si nun laído saudoso:

……………….¡Lanchiña que vas en vela!

…Tamén o taberneiro era galego.

Advertisements

About sari

Cuándo todo da lo mismo porqué no hacer alpinismo?
This entry was posted in "Robados", A Galiza, Literatura and tagged , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s